A EIEL

Regulada no artigo 4 do Real Decreto 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado aos investimentos das entidades locais, a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL) é un instrumento de análise cuantitativa e cualitativa dos servizos de competencia municipal. Constitúe un inventario de ámbito nacional, de carácter censal, que ten como obxectivo coñecer periodicamente a situación e o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos locais, a fin de poder avaliar as necesidades dos devanditos sectores, permitir unha correcta distribución dos recursos, eliminando os desequilibrios rexionais mediante unha mellor planificación dos investimentos públicos que a Administración Central e Local realiza nos municipios.

Elabórase, seguindo unha metodoloxía común, polas Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares, Comunidades Autónomas Uniprovinciais e a Generalitat de Cataluña, coa colaboración técnica e económica do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, ao que ademais corresponde o seguimento e control da súa actualización e mantemento.

Comprende todos os municipios menores de 50.000 habitantes do territorio nacional, con excepción das Comunidades Autónomas do País Vasco e Navarra, por ter un réxime foral propio e non estar incluídas na Cooperación Económica do Estado. Recolle a información a nivel de núcleo de poboación, abarcando como mínimo, todos os sectores que competen á actividade municipal reflectidos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1988, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.